A nosa xeografía está composta por paraxes de soños evocadores de épocas pasadas. Os apaixoados por este tipo de contorna, poderán percorrer todo o territorio a través das rutas que lles ofrecemos.
Ruta circular da Cruz de Avelán (Dodro)
Discurre polo monte da Cruz do Avelán e amosa a zona de poboación máis dispersa de todo o Concello.
Entre os puntos de interese da ruta destacan o cruceiro da Cruz de Avelán, o muíño da Devesa, os petróglifos Bouzabadin e plantacións de piñeiros e eucaliptos.
Datos técnicos da ruta:
- Tipo: Circular
- Distancia: 7,65 km
- Tempo medio: 2 h 15 min
- Dificultade: Media-alta
- Cota inicial: 192 m
- Cota máxima: 242 m
- Cota mínima: 121 m
- Diferenza de cota: 121 m
- Pendente máxima: 21%
Ruta circular do Alto da Paxareira (Dodro)
Este itinerario transcorre polo monte Valouta. Ao longo do recorrido pódese coñecer a arquitectura tradicional das casas e hórreos, gozar da contemplación da paisaxe do esteiro do río Ulla, de gran valor ambiental, e camiñar por extensas plantacións de piñeiros e eucaliptos cunha fauna e flora sorprendentes.
Entre os puntos de interese do romeiro, cómpre destacar o miradoiro do Alto da Paxareira.
Datos técnicos da ruta:
- Tipo: Circular
- Distancia: 4,3 km
- Tempo medio: 1h 30 min.
- Dificultade: Media
- Cota inicial: 36 m
- Cota máxima: 146 m
- Cota mínima: 24 m
- Diferenza de cota: 122 m
- Pendente máxima: 20%
Ruta circular de Lestrove (Dodro)
Ao longo deste traxecto vanse descubrir sinais da verdadeira achega dodrense ao patrimonio histórico, etnográfico e cultural. Ademais, coñecerase o seu medio descubrindo rastros e pegadas de animais e dos misterios dunha pequena fraga.
Entre os puntos de interese da ruta destacan a fonte Murillas, o miradoiro de Lestrobe coa súa área recreativa e plantacións forestais.
Datos técnicos da ruta:
- Tipo: Circular cun tramo lineal
- Distancia: 2,7 km
- Tempo medio: 50 min.
- Dificultade: Media-baixa
- Cota inicial: 37 m
- Cota máxima: 157 m
- Cota mínima: 36 m
- Diferenza de cota: 121 m
- Pendente máxima: 22%
Ruta “Brañas de Laíño” (Dodro)
Percorre un dos espazos húmidos de maior valor medioambiental de Galicia. As brañas de Laíño están integradas na Rede Natura 2000.
A ruta ten como obxectivo dar a coñecer a riqueza paisaxística da zona, a súa fauna e flora.
Entre os puntos de interese da ruta destaca o Alto da Paxareira, dende onde se poden contemplar as brañas.
Datos técnicos da ruta:
- Tipo: lineal cun tramo circular
- Distancia: 13 km
- Tempo medio: 3 h
- Dificultade: Baixa
Ruta de sendeirismo de Rois:
Ruta de dificultade baixa, cunha lonxitude aproximada de 11.000 metros que percorren as beiras dos ríos Sar, Rois e Liñares.
A ruta parte do lugar da Meana, seguindo o curso do río Sar ata chegar ao encontro co seu afluente, o río Rois. Andando a ruta pola marxe deste río podemos gozar de vexetación típica de ribeira como os carballos, bidueiros etc.
Despois dunha hora escasa de travesía, chégase á praia fluvial de Seira, punto en que deixamos a marxe do río para internarse nos núcleos rurais da Peruca, Cornes, O Aido e Carrais, para logo volver a camiñar pola marxe do río Liñares.
A partir deste punto vanse atopar unha serie de muíños, uns deles restaurados. Algún exemplar aínda moe o gran de millo. Un pouco antes de chegar á aldea de Liñares hai que destacar a existencia dun muíño de batán; o que evidencia o importante cultivo de liño que houbo nesta zona.
Nesta parte do río altérnanse prados con carballeiras ata chegar á capela do Soutullo, en Quintáns, lugar onde remata a ruta.
Datos técnicos da ruta:
- Tipo: lineal cun tramo circular
- Distancia: 11 Km
- Tempo medio: 5 h
- Dificultade: Baixa
- Cota inicial:
- Cota máxima: 220 m
- Cota mínima: 14 m
- Diferenza de cota: 206 m
- Maximum gradient: 7