Xornadas Gastronómicas que se desenvolven no mes de outubro en Padrón dende o ano 2011.
Durante estas xornadas, nos diferentes establecementos hoteleiros participantes pódense degustar as deliciosas e imaxinativas tapas elaboradas con produtos galegos.
As mellores tapas reciben o seu correspondente premio, realizándose tamén un sorteo entre todos os participantes na degustación.