A Concellería de Turismo de Padrón acaba de editar a Guía de Árbores Senlleiras de Padrón, grazas a unha axuda de Turismo de Galicia, na que se recolle a información das principais especies monumentais presentes no municipio. A guía, publicada en galego e castelán, tamén fai referencia a diversos elementos patrimoniais
Padrón é un dos municipios galegos que conta cun elevado número de especies naturais catalogados coma árbores senlleiras. Son un total de 9 elementos, entre os que se atopa: o Paseo do Espolón, as Oliveiras do Cemiterio de Adina, a Figueira da Casa Museo Rosalía de Castro, a Palmeira datileira do Mosteiro de San Antonio de Herbón, e outras 5 que se atopan no Xardín Botánico Artístico. Por esta razón o Concello de Padrón decidiu recoller nunha mesma publicación o conxunto delas, ata o de agora inexistente.
Para completar a guía, incluíse unha pequena referencia dos elementos patrimoniais, culturais ou gastronómicos que xiren entorno a cada un destes monumentos naturais, como son a Igrexa de Iria Flavia, o Mosteiro de San Antonio de Herbón, a lamprea, os Pementos de Herbón ou a Casa Museo de Rosalía de Castro.
A publicación conta cuns pequenos xogos didácticos para os máis cativos, para que teñan a oportunidade de ler e aprender dunha forma lúdica.
Esta guía será un bo complemento ademais para as visitas guiadas para escolares que realiza o técnico municipal de turismo e que seguirán a realizarse neste novo curso.
Comments 0