A Figueira de Rosalía, a única árbore galega finalista no premio “Árbore do Ano 2020”
- A concellería de Turismo de Padrón, impulsora da candidatura, anima á poboación á participación co seu voto no concurso nacional.
O Concello de Padrón vén de coñecer a candidatura da Figueira de Rosalía ao premio nacional “Árbore do Ano 2020”, un concurso que pretende poñer en valor aquelas especies arbóreas antigas especialmente memorábeis polo seu patrimonio natural e cultural, árbores que polo seu simbolismo se converten nunha parte integrante da comunidade no seu sentido más amplo. A árbore gañadora representará a España no concurso a nivel europeo.
Dende o concello anímase a toda a poboación de Galicia a que participe co seu voto, para que a Figueira de Rosalía sexa a Árbore de Europa 2020.
Trátase dunha iniciativa convocada por Bosques sin Fronteras, na que colaboran a Fundación Feu Vert, “F.S.C. Bosques para todos para siempre” en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medio Ambiente que toma a inspiración do concurso “Árbore Europea do Ano” cuxa primeira edición tivo lugar na República Checa no ano 2011.
A Figueira de Rosalía compite contra outras sete árbores finalistas entre as que se atopan a Sobreira de La Dehesa de La Jara (Madrid), a Moreira de Villoviado (Burgos), a Aciñeira de La Serona (Badajoz),o Piñeiro de Casa Puerto Sanz (Burgos), a Aciñeira de Las Tres Patas (Navarra), a Palmeira de La Plazoleta Astral de Fernando Pessol (Tenerife) e a Aciñeira Milenaria de Córdoba.
O período de votación está aberto ata o día 20 de novembro ás 00.00h.
Para poder votar son 4 pasos a seguir:
- Rexistrarse na web do concurso www.arboleuropeo.es.
- Activar a conta dende o correo electrónico que se recibe.
- Iniciar sesión co usuario e contrasinal
- Votar pola Figueira de Rosalía.
A árbore con maior número de votos será a gañadora do concurso nacional e clasificarase como finalista ao concurso europeo.
Comments 0